fbpx
Soldado da Arxentina na guerra das Malvinas / Net TV

Desde a fundación ata a guerra das Malvinas… Cando os galegos guerrearon pola Arxentina

Tempo de lectura: 2 min.

Galicia e Arxentina son países irmáns, non hai dúbida. A día de hoxe aos españois que visitan Latinoamérica aínda lles seguen chamando ‘gallegos’ (galegos), sexan de onde sexan. E todo isto non parte da casualidade, senón dunha Historia forxada a base de batallas pola defensa da terra nas que os galegos actuaron como auténticos heroes de guerra.

comandante do Tercio de Gallegos, Horacio Guillermo Vázquez Rivarola, ben o sabe, pois é un dos grandes estudosos da Historia da Mariña Mercante arxentina, moi prolífico na investigación e publicación de libros coa temática galega en Arxentina. A raíz da saída ao mercado da súa nova obra, ‘Exploradores, científicos, pioneros y otros héroes españoles de la Marina Mercante argentina. Desde los orígenes hasta la Guerra de Malvinas,e Galicia Confidencial conversou con el aproveitando a súa visita a Galicia para a presentación.

A Historia galega en Arxentina remóntase nada menos que aos tempos da fundación mesma da súa capital, Bos Aires, no ano 1580. Entre os 54 primeiros veciños desa pequena poboación que remataría por converterse no centro de todo o país había unha muller, filla dun mariñeiro galego, Ana Díaz. E dende ese mesmo momento, dende a orixe, os galegos formaron e seguen a formar parte da identidade cultural de Bos Aires, en particular, e de Arxentina, en xeral.

Avanzando na Historia, uns séculos despois, cabe falar da Fundación da Escola de Náutica, aló polo ano 1799, o primeiro paso cara a creación da Mariñ Arxentina. Como non podía ser doutro xeito, os primeiros fundadores foron galegos. O primeiro director era un inxeniero militar de Pontevedra, de Campo Lameiro máis concretamente, chamado Pedro Antonio Cerviño; o primeiro subdirector era un mariñeiro mercante de Corcubión, o piloto Juan Alcina, que estudiara na Escola Náutica de Barcelona; e o segundo subdirector era da Coruña, descendente de emigrados irlandeses, Juan Carlos O’Donell.

Deste xeito, obsérvase que tamén a Mariña Mercante, dende os seus inicios, estivo moi vinculada a Galicia. De feito, os galegos como pobo de mar deixaron pegada en moitos fitos. Por exemplo, tamén o fundador do primeiro pobo da Patagonia no ano 1782, era galego. E tamén eran galegos os que defenderon a capital arxentina dos ataques ingleses  de 1806 dentro do Tercio de Gallegos. 

E, como non, se os galegos formaron parte da Historia vertebradora da Arxentina como país, tamén estiveron presentes na Guerra das Malvinas, case 200 anos despois da independencia.  En total, participaron 77 españois, dos cales a enorme maioría, uns 74, eran galegos. Toda a historia dos galegos na historia naval da Arxentina nesta interesante reportaxe de Galicia Confidencial.

Pode que che interese...