fbpx
Imaxe de mulleres vestidas co traxe típico galego no NO-DO / RTVE

Franco e o seu “amor” polo folclore dos “galleguiños”

Tempo de lectura: < 1 min.

Durante a ditadura franquistaen España usouse un instrumento de autolexitimación moi evidente: o NO-DO, noticieiro no que se difundían exclusivamente aquelas novas que lle conviñan a Francisco Franco. Nese NO-DO usouse non en poucas ocasións o folclore galego con diferentes finalidades. “En determinadas décadas do réxime franquista úsase de diversos xeitos un folclore que non é patrimonio inmaterial nin oral, nin resposta a ningún tipo de patrimonio cultural en absoluto, senón que é froito dunha versión maniquea e profundamente política e propagandística usada nunhas décadas cunha función e noutras con outra”, explica a Galicia Confidencial Beatriz Busto Miramontes, profesora da USC.

Así, o uso do folclore neste noticieiro cambia, ao igual que cambian os obxectivos que se perseguen, pois hai que ter en conta que o franquista é un periodo ditatorial moi dilatado no tempo, cunhas necesidades determinadas pero mutábeis depedendo da década.

Beatriz Busto Miramontes, realizou a súa tese de doutoramente sobre o tema e apunta que nos anos 40 utilizouse moito o folclore coa intención de lexitimar ao poder. “Aparece en moitos actos institucionais, ao servizo do poder, por exemplo nas inauguracións de Franco cando viña a Galicia tras rematar unha ponte ou unha vía do tren, ou mesmo cando non era unha visita institucional, senón que simplemente viña de vacacións“, explica, engadindo que “cando chegaba á Coruña para comezar as súas vacacións, había unha comitiva folclórica que o recibía“. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...