fbpx
Nenos participante nun proxecto de recollida oral de Ponte nas Ondas / flickr Ponte nas Ondas

Un programa nado nas escolas da fronteira, elixidos Boas Prácticas da UNESCO

Tempo de lectura: < 1 min.

O programa educativo ‘Ponte…nas Ondas!’ entrou este xoves a formar parte do Rexistro de Boas Prácticas da Unesco, ao aprobarse a decisión no 17 Comité Intergobernamental par a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial celebrado en Rabat (Marrocos).

Esta é a primeira vez que Galicia recibe este recoñecemento por parte da Unesco. O proxecto, que comezou hai 27 anos, é un exemplo de convivencia en zonas transfronteirizas e pode servir para mellorar o entendemento en rexións en conflito. A iniciativa usa as radios escolares como “ferramenta fundamental para o seu desenvolvemento” e que se trata “dunha fórmula eficaz de salvaguardia nas escolas a ambos os dous lados da fronteira galego-portuguesa”.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, que encabezaba a delegación galega, destacou que a decisión “supón un gran triunfo para todos os galegos” e que esta iniciativa nada nas aulas “será un exemplo para todo o mundo”.

 

Pode que che interese...