Os Franco perden a batalla xudicial para espoliar Meirás
A Audiencia Provincial da Coruña confirmou que a gran maioría dos bens reclamados pola familia Franco que se sitúan no exterior e interior do pazo de Meirás forman parte ou pertencen ao inmoble e, por tanto, non poden ser retirados, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
As únicas pezas do inventario elaborado en 2020 polos técnicos de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia que os recorrentes poderán levar do pazo son os anxelotes de bronce da capela, unha virxe, unha lámpada situada sobre a pilastra da escaleira e uns apliques de parede metálicos, as cales se suman ás alfombras do corredor, cuxa retirada xa permitira o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña nun auto recorrido pola familia Franco ante a Audiencia.
O alto tribunal provincial, por tanto, confirmou en parte a resolución do órgano de primeira instancia e determinou, nun auto contra o que non cabe presentar recurso, que elementos forman parte do pazo e non poderán retirarse. Desta forma, estimou parcialmente a cuestión incidental exposta pola Administración Xeral do Estado, á que se adheriron a Xunta e os concellos da Coruña e Sada, e decretou que practicamente todos os bens reclamados pola familia Franco permanezan no inmoble. Toda a información en Galicia Confidencial.
TIPO DE BENS