fbpx
Reconstrución da porta monumental do Castro de Santa Trega / Terra Arqueos

Santa Trega xa ten porta monumental cen anos despois de serescuberta

Tempo de lectura: < 1 min.

A empresa Terra Arqueos concluíu os traballos arqueolóxicos realizados desde decembro no entrada norte do poboado de Santa Trega, no Concello da Guarda, que derivaron na reconstrución da zona.

Trátase dos primeiros traballos nos que leva a cabo a reconstrución completa da porta dun poboado castrexo, tal e como explicou o investigador do CSIC Brais X. Currás, que apuntou que, desde agora, “o visitante dispón dunha imaxe moi aproximada de como era o acceso aos castros na Idade de Ferro”.

A porta foi escavada entre os anos 1910 e 1920 pola Sociedade Pro Monte guardesa co asesoramento do arqueólogo Ignacio Calvo. Anos máis tarde, Cayetano de Mergelina rexistrou planimétricamente aqueles traballos.

“O dintel apareceu caído in situ, ao pé da porta. Aí permaneceu durante case un século, esperando á súa restitución ao lugar orixinal. As jambas da porta, en cambio, están desaparecidas, pero a soleira conserva as marcas onde ían asentadas. A reconstrución, agora, da porta norte do poboado, implicou unha gran complexidade técnica”, apunta Brais X. Currás. Toda a información en Xornal de Vigo.

Pode que che interese...