fbpx
Entrudio Farrapeiro, na Gudiña / Asociación Os Torgueiros

Así é o “Entrudio Farrapeiro”, un novo Entroido tradicional recuperado no corazón de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.
asociación cultural Os Torgueiros está detrás da recuperación do “Entrudio farrapeiro”, na Gudiña, un entroido tradicional que levaba décadas oculto entre a veciñanza e que esta entidade quixo sacar do esquecemento.
Voltou a fariña, voltaron os farrampois (unha das figuras tradicionais do entrudio da zona) voltou a troula e queimouse o intrudio, personificación da festa, feito de palla e portado por mozos e mozas polas rúas do pobo”, destaca esta entidade que quere agradecer aos que este sábado se achegaron á Gudiña ao folión de Carracedo.
Os Torgueiros levan traballando durante o último mes para esta celebración promovendo actividades para a recuperación do entroido no concello. Así, as actividades comezaron coa palestra do etnógrafo Xosé Cruz, que lembrou que na Gudiña sempre se celebrou o Entroido.
Tamén organizou un obradoiro de elaboración de compadres e comadres na súa forma tradicional, e finalmente o sábado farrapeiro e de Entrudio, “correndo e queimando o intrudio e botando fariña”.

Celebración do Entrudio Farrapeiro na Gudiña / Os Torgueiros

Pode que che interese...