fbpx
Avelino Franco Grande, médico anestesista / remitida

Morre Avelino Franco Grande, pioneiro da anestesia en Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

O pasado 24 de marzo de 2023 recibo a triste nova do falecemento de Avelino Franco Grande. Médico, investigador, pero sobre todo un home íntegro. Nado na parroquia de Santa María de Tebra, no concello de Tomiño, estuda medicina en Santiago de Compostela e acada a súa especialidade de anestesioloxía en Alemaña.

Tras diferentes estadías traballando en hospitais da Península, chega a Santiago de Compostela. A súa faceta como anestesista é ben coñecida, pero na que deixa a súa máis fonda pegada é como médico humanista, sempre disposto á ensinanza do seu labor. Hoxe o seu traballo segue sendo recoñecido polos seus colegas de profesión.

Incansable investigador ata os seus últimos días, os seus libros e artigos sobre a historia da anestesia en Galicia e en España son hoxe referentes, como por exemplo a súa obra La Medicina Compostelana (1947-1950), ou a aportación á creación do Museo Nacional de Anestesia na Facultade de Medicina da USC.

Nestes días nos que me invaden miles de recordos, conversas, … collo os seus libros e sinto esa forza vital de sabedoría e traballo. Un exemplo de enerxía e, para min, un faro a seguir. Un recordo emocionado para a súa muller, a miña madriña Rosa María, e aos seus fillos Andrés, Rosa María e Susana. Avelino Franco Grande foi, é e seguirá sendo un referente para a mediciña e a historia de Galicia.

Por Óscar Franco Barros, profesor e sobriño de Avelino Franco Grande

Pode que che interese...