fbpx
Pezas do patrimonio galego expoliadas que se tentanban vender por Internet / Policía

Golpe policial ao tráfico ilegal de pezas arqueolóxicas en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

A Policía galega recuperou 15 pezas metálicas de gran valor arqueolóxico, datadas entre a Idade de Bronce e a época romana, que un particular tentaba vender a través de Internet.

Segundo informa a Xunta, as actuacións levaron a cabo no marco da operación Bronce, que continúa aberta, e, polo de agora, os axentes identificaron a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra o patrimonio histórico e outro de apropiación indebida.

A investigación comezou a finais de marzo, cando a Policía Autonómica recibiu unha comunicación a través da súa web, na que se alertaba da venda de patrimonio que podía proceder do espolio dalgún xacemento arqueolóxico. Os axentes corroboraron os datos e comprobaron que en Internet se ofertaban en varias páxinas de venda en liña pezas arqueolóxicas de varias épocas históricas por un importe medio de ata 700 euros cada unha.

Os axentes conseguiu identificar o vendedor, ao que lle requisaron os obxectos, e tamén ao propietario, que non puido acreditar a orixe do material. Por estes feitos, tomóuselles declaración e as dilixencias remitíronse ao xulgado de Instrución de Ferrol e á Fiscalía provincial da Coruña.

As 15 pezas metálicas foron requisadas para a súa preservación e estudo, quedando depositadas nun museo a disposición da autoridade xudicial. Segundo as pescudas realizadas, as características das pezas indican que están datadas entre os séculos VII e IV antes de Cristo e proceden de distintos xacementos arqueolóxicos afastados entre si. Acreditouse que o interese dos autores destes delitos era sacar rédito económico “incumprindo o deber de comunicarlles ás autoridades a localización e posesión das pezas”.

Pode que che interese...