fbpx
Monte Faro de Budiño, onde se atopa unha gran fortiticación datada da Alta Idade Media / remitida

Arqueólogos financian con fondos propios escavación do enigmático castelo do Faro de Budiño

Tempo de lectura: < 1 min.

O luns, 15 de maio, comeza unha segunda campaña de escavación arqueolóxica no Faro. Esta intervención é froito da colaboración entre o proxecto de investigación ‘Castelos no aire’ e a Comunidade de Montes de Budiño. Os traballos son dirixidos por Mario Pereiro e Jose Carlos Sánchez-Pardo, investigadores e arqueólogos do grupo de investigación Síncrisis da Universidade de Santiago de Compostela, e realizados en colaboración coa empresa ‘Tempos Arqueólogos’.

“Foi no ano 2018 cando escavamos por primeira vez no Faro de Budiño. Esta intervención, malia ser curta, deu un resultados moi interesantes, sendo posíbel datar os diferentes niveis de ocupación do Faro de Budiño”, explica Mario Pereiro, codirector da intervención, “sendo posíbel saber que foi ocupada no período final da Alta Idade Media, arredor do séc. IX.”

Esta campaña arqueolóxica durará dúas semanas e estenderase até o venres 26 de maio e ten como obxectivo coñecer a cronoloxía de ocupación da fortaleza. “O obxectivo desta campaña é ampliar datos recollidos na campaña anterior e intervir nunha das murallas,” comenta Jose Carlos Sánchez Pardo, “isto permitirá afinar as hipóteses que xa publicamos nun artigo científico no ano 2020.”

Esta intervención, financiada por fondos propios dos investigadores, estará centrada na escavación parcial dun tramo da muralla e na continuación da escavación dun gran edificio situado no centro do Faro. Ao igual que outras intervencións organizadas por ‘Castelos no aire’, esta campaña estará ‘aberta por escavación’, facendo posíbel a calquera achegarse ao xacemento durante os traballos e recibir unha explicación por parte do equipo.

Pode que che interese...