Atopan evidencias de viño do século IV d.C. en Valdeorras
O equipo de Sputnik Labrego, co apoio do Concello de Vilamartín de Valdeorras, descubriu unha semente de uva (vitis viniferaI) do século IV d.C, datada por radiocarbono. Este descubrimento está no marco dunhas escavacións que levan facendo dende fai cinco anos no sitio de O Castelo en Valencia do Sil. Coas mesmas sacaron á luz un dos xacementos de época tardorromana máis completos do noroeste peninsular, así como obtiveron un importante conxunto de materiais que están a desvelar os segredos dos momentos finais do Imperio Romano.
“Recuperar este tipo de evidencias tan delicadas precisa dunha metodoloxía moi específica de toma de mostras de terra que despois levamos a un laboratorio onde son procesadas por flotación”, di Carlos Tejerizo, director do proxecto. A identificación desta semente foi realizada por los especialistas Nicolás Losilla, da Universidade de Granada, e Jérôme Ros, do Centre National de la Recherche Scientifique de Francia. “As análises mostraron efectivamente que se trata dunha semente de uva, o que mostraría a presenza de vides na contorna de xacemento. Aínda que o estado dos restos impidan confirmalo, a nosa hipótese é que existía un cultivo sistemático de vide na comarca e, polo tanto, viño local”, afirma Tejerizo. Toda a información no Galicia Confidencial.