fbpx
Imaxe do Parque do Pasatempo de compezos do século XX / foto Deputación da Coruña

Partes do que foi o parque de atracións máis importante de Europa serán restauradas tras anos de abandono

Tempo de lectura: < 1 min.

Turismo de Galicia abriu o proceso de licitación das obras que permitirán completar a restauración do Parque do Pasatempo de Betanzos (declarado Ben de Interese Cultural), cun investimento de algo máis de 800.000 euros.

As actuacións enmárcanse no Plan Xacobeo Next Generation posto en marcha pola Xunta con fondos europeos para a rehabilitación e mellora de 12 Bens de Interese Cultural de titularidade pública vinculados ao Camiño de Santiago.

As obras que se licitan agora correspóndense coa segunda e terceira fase da restauración do Parque do Pasatempo. Así, no primeiro dos lotes, levará a cabo a rehabilitación da parte norte da terraza, centrándose no chamado ‘Estanque da Gruta’, a ‘Gruta da Recoleta’, para salvagardar a súa unidade estilística.

Tamén se recuperarán elementos escultóricos e arquitectónicos, que nalgúns casos presentan estados semirruinosos importantes, e tamén se actuará sobre a ‘Fonte das Catro Estacións‘.

No segundo lote, as actuacións inclúen a restauración do circuíto hidráulico e o tratamento dos bordos do estanque do Retiro. O proxecto inclúe a incorporación de varandas de ferro fundido para que as pilastras poidan funcionar como fontes. O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 5 de xaneiro e as obras terán un prazo de execución de 13 meses, no caso do lote 1, e de 12 meses no caso do segundo lote.

Pode que che interese...