fbpx

Porriño homenaxea ao historiador Xosé Ramón Iglesias Veiga co Premio Antonio Palacios

Tempo de lectura: < 1 min.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, desvelou hoxe o primeiro dos nomes dos gañadores/as da primeira edición dos Premios Antonio Palacios. Concretamente o Premio de Honra que destaca a traxectoria a toda unha vida: “Unha merecida homenaxe a Xosé Ramón Iglesias Veiga, historiador, escritor e mestre que deixou unha gran pegada no Porriño.”

Diplomado en Profesorado de EXB e Licenciado en Xeografía e Historia Xosé Ramón Iglesias, foi membro numerario do Instituto de Estudos Vigueses, institución na que desempeñou o cargo de secretario-conservador. Exerceu a docencia no Instituto de Ensino Secundario ?Pendente Dócil? do Porriño durante dúas décadas onde se gañou a admiración e respecto de centos de mozos e mozas.

O seu labor como historiador centrouse en temas relacionados coa arte e arquitectura do século XIX e primeira metade do XX.

Publicou numerosos libros e artigos de investigación sobre a arquitectura galega dese período, en especial da área viguesa. Tamén colaborou en libros de carácter xeral como a colección Artistas Galegos (Nova Galicia). Dentro dos manuais destacan as dedicadas ao arquitecto porriñés Antonio Palacios Ramilo.

En relación co ilustre arquitecto, participou como asesor técnico na exposición sobre a súa obra organizada pola Xunta de Galicia (A Coruña, Vigo e Madrid, 1998-1999).

Formou parte do comité científico das exposicións “Antonio Palacios, construtor de Madrid” (Círculo de Belas Artes, Madrid, 2001) e “Antonio Palacios. Construtor de cidades” (Vigo, 2002). Antonio Palacios. Patrimonio do Porriño

Escrito por

Equipo técnico de Historia de Galicia