fbpx
Santo Estevo do Ermo, un antigo eremitorio cheo de lendas e espazos sagrados / Adega

Unha colecta cidadán axudará a investigar un antigo espazo sagrado, hoxe cristianizada, e oculto nun eucaliptal

Tempo de lectura: 2 min.

A Fundación Eira da Xoana (ADEGA), Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo anuncian con satisfacción que dan por rematada a campaña de doazóns tras reunir os 6000 euros necesarios, grazas á xenerosidade e colaboración cidadá, para a compra da parcela de Santo Estevo. A adquisición desta parcela permitirá preservar e recuperar un espazo de grande valor natural e arqueolóxico.

“As tres entidades expresan o seu máis sincero agradecemento a todas as persoas que fixeron as súas doazóns e apoiaron esta causa. A súa colaboración fai posible que este proxecto de preservación e rexeneración da fraga de Santo Estevo se convirta en realidade. Grazas ao apoio recibido será posible traballar para devolver este eucaliptal ao seu estado orixinal de fraga autóctona”, indican nun comunicdo.

Ademais, lembran, esta compra permitirá abrir novas oportunidades para o estudo e a investigación histórica. A parcela alberga un importante xacemento medieval, que inclúe os restos da antiga igrexa de Santo Estevo. Coa adquisición desta terra, poderanse levar a cabo investigacións arqueolóxicas que permitirán coñecer máis en profundidade a historia da comarca e de Galicia.

RECONVERSIÓN DUN EUCALIPTAL

O lugar está atravesado por un río que forma unha fermosa fervenza ou “revertedoiro”. Neste sitio, tamén coñecido como Augas Santas, hai dúas fontes milagreiras: a de Santa Rosa e a do Ferro, ás que desde tempos inmemoriais acoden centos de persoas para curar diversos males. Neste máxico lugar atópase tamén unha rocha coas pegadas do cabalo do apóstolo Santiago e máis unha capela “nova”, arredor da cal se celebran importantes romarías.

A parcela que se pretende mercar actualmente é un eucaliptal, pero neste sitio, baixo un impresionante abrigo rochoso, consérvanse os restos da antiga igrexa de Santo Estevo do Ermo, posiblemente de cronoloxía moi antiga e que puido cristianizar un lugar previamente sagrado. Segundo a documentación conservada, nesta parcela erguíanse as cabanas onde vivían as eremitas e un antigo cemiterio de orixe medieval. Nun extremo da parcela tamén se atopa un “cuncheiro” onde, ademais de cunchas, apareceron ósos e cerámica medieval.

Pode que che interese...