fbpx
José Puertollano no alto da torre Berenguela en 1909 / XdCOM

Cando o “Rei de las alturas” desafiou o Cabildo de Santiago e saudou a Alfonso XIII desde 72 metros

Tempo de lectura: < 1 min.

No ano 1909Santiago de Compostela e os seus habitantes foron testemuñas dun feito insólito e único que quedou gravado na memoria colectiva da cidade. José Puertollano, ou máis coñecido como o “Rei de las alturas”, decidiu escalar sen ningún tipo de protección a Torre da Berenguela, a torre do reloxo da Catedral de Santiago. Estaba a ter lugar a Ofrenda ao Apóstolo e os actos organizados con motivo da inauguración da Exposición Rexional Galega cando José sorprendeu á multitute congregada na Praza do Obradoiro ao trepar pola estrutura, chegando á parte máis alta da torre.

Puertollano, un granadino que se adicaba a escalar torres de igrexas e catedrais por toda España, fíxoo nesta ocasión ante a atenta mirada do rei Alfonso XIII, acompañado do presidente do Goberno, Antonio Maura, e o alcalde, Francisco Piñeiro.

O granadino pedira con anterioridade permiso ao cabildo para realizar a súa particular performance, pero este foi denegado. Ante a negativa, José escalou pola noite e quedou atado ao pararaios, situado a 72 metros de altura. Pola mañá, mentres todo o mundo prestaba atención aos actos oficiais, gritou “Majestad!” e realizou un exercicio de acrobacias que deixou atónito a todo alí presente. Toda a noticia en Xornal de Compostela.

Pode que che interese...