fbpx
Muros descubertos nos traballos de mantemento. Fonte: Ramón Castro.

Estudan muros subterráneos descubertos en traballos de mantemento da rede de augas de Santiago

Tempo de lectura: < 1 min.

Durante a realización de traballos de mantemento de augas urbanas na contorna da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, na Praza da Universidade, foron descubertos uns muros subterráneos. Ata o punto, segundo informan fontes consultadas por HistoriaDeGalicia.gal, acudiu un equipo de arqueólogos pertencente ao departamento municipal para o seu rexistro e estudo.

“Apareceu unha canle pequena, como hai moitas en Santiago, que debería ser de recollida de augas“, apuntan persoas presentes na descuberta. Polo momento, os traballos de investigación e identificación arqueolóxica continúan.

Pode que che interese...