fbpx
Fonte: Consello da Cultura Galega.

Tempo de lectura: < 1 min.

O convenio asinado entre o grupo de investigación HISPONA, da Universidade de Santiago de Compostela, e o Consello da Cultura Galega pon fin coa realización da xornada “O final do Franquismo 1973-1977)”. Esta, axendada para o 17 de decembro na capital galega, analiza esta parte da historia facendo fincapé nas complicacións implícitas a que unha sociedade coma a do momento, durante os anos 60, mirase á construción, e instauración, da democracia en España.

Nun programa, que pon inicio ás 9:30 horas da mañá, composto por debates abertos e ponencias, diferentes testemuños e investigadores deste marco temporal en Galicia realizarán achegas sobre as violencias e represións, a acción franquista nas contornas rurais galegas ou as ondas, e choques, dos movementos feministas do territorio. O encontro, para o que está aberta a inscrición, pon fin ás 19:15 horas.

Pode que che interese...