A aplicación España Turismo recoñece a Palas de Rei como pobo galego máis fermoso
A aplicación turística España Turismo vén de realizar un concurso, entre unha primeira selección de finalistas composta por 27 pobos de toda Galicia, no que Palas de Rei é recoñecido como o sitio máis fermoso do territorio galego. No tramo final da votación, aberta aos usuarios inscritos á app, estiveron ao seu nivel outros nove concellos lucenses.
A riqueza histórica do concello palense, pola súa cultura castrexa máis a súa vinuclación co Camiño de Santiago ―entre outros factores chave―, converteuno no ocupante do primeiro posto cun total de 7015 votos. Este foi seguido do lugar caurelao de Froxán ―con 5167 votos― e o coruñés de Cambados ―con 1290 votos―. Toda a noticia en Ecos da Comarca.