A arqueoloxía pontevedresa máis “pequena e invisible”, exposta ata o 30 de decembro
A Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), organiza a mostra “Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible” na sede institucional de Vigo. A exposición, aberta ao público ata o 30 de decembro, parte do convenio entre ambos organismos para a divulgación dos xacementos do territorio. Nesta son revelados os diferentes usos das novas tecnoloxías dentro da investigación arqueolóxica, así como é posta en valor a riqueza patrimonial da provincia.
Luisa Sánchez, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, puxo en manifesto que esta se trata da primeira das “dúas mostras” que, xunto co CSIC, porán en marcha para amosar “as tecnoloxías coas que se traballou nos xacementos da provincia”.
Con once paneis, a mostra inaugurada invita á cidadanía a coñecer as novidades no relacionado coas ferramentas de análise arqueolóxico, así como aquelas empregadas para a prospección e rexistro dos terreos estudados de forma non invasora. Sobre a seguinte, apunta que “afondará no conxunto de traballos levados a cabo durante o proxecto”.