A Igrexa de Santa Isabel, en Castro Caldelas, un templo á arte clerical
Este xoves, 28 de novembro, foi inaugurado en Castro Caldelas o Museo de Arte Sacro, contando coa igrexa de Santa Isabel de Cimadevila como marco expositivo para as pezas pertencentes a todas as parroquias locais. Ao acto acudiron, entre outros, a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez e o bispo de Ourense, Leonardo Lemos. Este foi o encargado de abrir o encontro coa bendición do templo, de orixe renacentista.
Só dous en toda a Ribeira Sacra
Dende a Consellería de Cultura, a través dunha representante do departamento, destacan o papel do novo espazo museístico aberto con miras á adquisición do máximo recoñecemento por parte da UNESCO: ” A apertura de este entro cultural aporta aún más valor al territorio, y con el trabajo de todos los agentes implicados esperamos que obtenga esta declaración en 2026”.
O aumento da oferta cultural e turística é unha das chaves a traballar, dende as administracións, no camiño cara a valoración final das candidaturas por parte do Consejo de Patrimonio Histórico, que terá lugar en dous anos. A conselleira define como “un reto ilusionante” a implicación dende os concellos na pescuda do recoñecemento.
Ata o momento, soamente existía outro espazo expositivo similar en toda a Ribeira Sacra, o da Igrexa das Clarisas, en Monforte de Lemos. Deste xeito, o concello ourensán vese reforzado en oferta cultural como destino dentro do territorio.