fbpx
Ilustración de gaiteiros galegos interpretando música do país

A música e o baile tradicional serán Ben de Interese Cultural

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta iniciará este luns a incoación do expediente para a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) da música e o baile tradicionais galegos. “Con iso pasará a contar coa máxima protección, acorde coa súa relevancia no noso patrimonio inmaterial“, detallou o conselleiro de Cultura, José López Campos, este sábado nun encontro con diferentes agrupacións deste ámbito no Museo Etnolóxico de Ribadavia.

López Campos asegurou que Galicia “non se entende” sen a súa música e os seus bailes tradicionais. “Trátese dun legado aos nosos devanceiros e que, agora, temos a obrigación de conservalo, protexelo e deixalos ás xeracións futuras”, defendeu. O inicio dos trámites será publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) o luns e o procedemento deberá resolverse “nun máximo de 24 meses”.

Coa declaración buscarán a creación dun arquivo audiovisual público na rede, gratis e de libre acceso, así como introducir no ensino formal materiais didácticos que fomenten o seu coñecemento.

Pode que che interese...