fbpx
Fonte: Xunta de Galicia.

A realidade virtual tras ‘Galiverso’ da acceso a patrimonio arqueolóxico inaccesible, como Cova Eirós

Tempo de lectura: < 1 min.

A Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, conta coa nova ferramenta impulsada pola Xunta de Galicia, Galiverso en el corazón de la piedra. Esta, da que o público tamén poderá desfrutar esta fin de semana no evento Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra, permite a visita virtual a diferentes puntos patrimoniais arqueolóxicos, naturais e históricos do territorio nos que a rocha é a protagonista.

Cova do Rei Centolo ou areal Teixidelo

A través do uso dunhas lentes de realidade virtual, que só aqueles visitantes maiores de oito anos poden por, esta nova ferramenta permite experienciar enclaves como praias de area negra, covas prehistóricas ou petroglifos de Galicia. Entre a oferta, existen lugares inaccesibles para o público na actualidade, como Cova Eirós, un dos xacementos máis improtantes da autonomía. Da mesma forma posibilita a visita da Cova do Rei Centolo, cun acceso complicado, ou ao areal Teixidelo, única praia de area negra no mundo de orixe non volcánica.

Para o traslado dos puntos, foi precisa a colaboración dos arqueólogos e historiadores do Centro de Investigación Interuniversitario de los Paisajes Atlánticos Culturales (CiSPAC) Tania Mosquera e Arturo Lombera. A Federación Gallega de Espeleología, asemade, realizaron diferentes guías e axudaron no proceso documentativo dos espazos.

Ferramenta pedagóxica para o estudantado de secundaria

Román Rodríguez, conselleiro de Educación, na presentación do ‘Galiverso’ este mércores na capital galega, concretou o “enorme potencial pedagógico que llegará a todos los centros de Secundaria de Galicia a través de los Polos Creativos”.

Pode que che interese...