A transición dos castros aos castelos altomedievais; achados no Castelo de Portomeiro, no Val do Dubra
O equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela “Castelos no Aire”, en colaboración coa empresa Tempos Arqueólogos, publicou na revista “Archivo Español de Arqueología” os seus últimos achados no xacemento de O Castelo de Portomeiro, situado no Val do Dubra, na Coruña. Baixo o título La materialidad de un poder altomedieval, os involucrados sintetizan así como describen as revelacións que o xacemento escondía ao respecto dun periodo por descubrir no territorio.
Como indican na súa autoría os diferentes representantes da institución e tecido adicado ao sector, a pescuda arqueolóxica neste punto rema cara a comprensión e coñecemento da Alta Idade Media, periodo do que se mantén descoñecemento na zona do noroeste peninsular.
Entre o recabado nas excavacións, atopáronse os primeiros conxuntos de cerámica altomedievais que se remontan a esta época historia en Galicia. As revelacións amosan luz a esa época na que as construcións transicionaban de castros prerrománicos a castelos pertencentes ao medievo.
Neste último traballo que rematan de facer público, o equipo elabora diversas hipóteses sobre a conformación dos sistemas sociopolíticos no noreste peninsular durante a expansión da monarquía dende Oviedo. A primeira serie de estudos realizada no territorio data de xuño do 2020, cando o grupo da mesma institución universitaria “Síncrisis” comezou a súa labor, acompañada da mesma empresa arqueolóxica. Nesta, foi amosada a presencia de diferentes estruturas coa excavación de cincuenta metros cadrados de superficie.