fbpx
Ídolo de Treviscoso. Fonte: Megaliticia.

A terra de Treviscoso, da produción de albariño á descuberta dun “Velázquez” arqueolóxico

Tempo de lectura: < 1 min.

A revista “Cen Follas” publicou un artigo do profesor xubilado Tomás Álvarez e o historiador Sindo Mosteiro ao respecto dos descubrimentos no lugar de Treviscoso, entre os concellos de Cambados e Vilanova, onde, no 2021, foron achados os primeiros restos megalíticos ao realizarse un desmonte para a semente de albariño ―unha mámoa sen catalogación―.

Remataron por ser atopadas catro mámoas, de entre 6.000 e 5.000 anos. Unha das pezas podería se tratar dun ídolo, unha peza situada a carón dos monumentos funerarios  tallada con diferentes motivos, habitualmente antropomórficos, na honra de persoas falecidas ou figuras divinizadas.

O compendio de pezas serán entregadas ao Concello de Cambados, onde Álvarez agarda que sean expostas. Máis información en Diario de Arousa.

Pode que che interese...