fbpx
Muíño de Xuvia. Fonte: Galicia Máxica.

Os concellos seguen presumindo de patrimonio: abre o muíño de Xuvia do século XVIII

Tempo de lectura: < 1 min.

A tarde deste xoves, 21 de novembro, ten lugar a inauguración oficial do Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX). A cidade de Narón, á que lle chega o día oficial este sábado, celebra este ben patrimonial xa musealizado na súa entorna, onde fica unha das pontes máis fotografiadas e pintadas de Galicia. O muíño queda aberto dende hoxe para os visitantes, que poden acceder de xeito gratuito este 23 de novembro.

Logo de anos de abandono, a rehabilitación desta construción do conxunto territorial de Xuvia, coñecido tamén como Ponte Xubia, puxo inicio en outubro do 2021. A proposta museística do Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia, podemos dicir, fixo que se mantivesen as pulsacións da entorna.

No acto estarán presentes a veciñanza da asociación Altea, persoal das empresas encargadas do proxecto restaurativo e representates das diferentes administracións, como son a propia alcaldesa naronesa, Marián Ferreiro, o portavoz do goberno provincial da Deputación, Bernardo Fernández, e Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña e responsable da área de Turismo e Patrimonio.

Pode que che interese...