fbpx
Esgrafiados de Castro Caldelas. Fonte: Turismo Ribeira Sacra.
Esgrafiados de Castro Caldelas. Fonte: Turismo Ribeira Sacra.

Albanelería milenaria de Ourense e Lugo é acollida no Censo do Patrimonio Cultural

Tempo de lectura: < 1 min.

O Censo do Patrimonio Cultural de Galicia inclúe, dende este mércores, a técnica do esgrafiado galego, logo da publicación no Diario Oficial de Galicia dunha resolución que acolle esta manifestación de albanelería para a execución das decoracións sobre os morteiros de cal. Á listaxe de bens materiais e inmateriais xestionada pola Dirección do Patrimonio Cultural, súmanse, entre toda a xeografía galega, máis dun cento de bens materiais e inmateriais deste tipo de elementos, cun gran valor dende o aspecto arquitectónico ao etnolóxico, sen olvidar o bibliográfico.

A práctica ornamental, agora protexida como ben patrimonial galego, ten especial presenza nas zonas sur e leste da autonomía galega, correspondendo cos territorios provinciais de Lugo e Ourense. Ademais de pola súa complexidade como manifestación, o esgrafiado que supón a albanelería conta con grande peso comunicativo, xa que revela os valores estéticos e sociais que forman parte da tradición e identidade galegas.

Ademais da súa función arquitectónica, reforzando os muros de construcións e evitando a acumulación de humidades, promoven o valor estético e simbólico correspondente á época. Dende protexer zonas empregadas como altares a convidar a camiñantes a xerras e vasos, o compendio de manifestacións supoñían unha conversación comunitaria que hoxe pasa a ser salvagardada co resto do patrimonio histórico galego.

Pode que che interese...