fbpx
Cartaz serán en homenaxe a Divina Outerelo. AGG, CCG e Concello de Mondariz.

As gaitas galegas, dende Mondariz, soarán en homenaxe á pandeireteira Divina Outerelo “do Laxeiro”

Tempo de lectura: < 1 min.

Este venres, 22 de novembro, a Praza de Abastos de Mondariz é o escenario da homenaxe que a Asociación de Gaiterixs Galegxs lle rendirá á pandeireteira Divina Outerelo Fernández “do Laxeiro”. Contando coa colaboración do Consello da Cultura de Galicia, o Concello de Mondariz e a formación musical local de O Son Do Río, o tecido asociativo cultural pon en valor esta figura vencellada ao lugar de Sabaxáns que, durante a súa vida, manteu pulsacións e ritmos, dende xotas a muiñeiras, nos seráns tradicionais galegos.

A cita pon inicio ás 20:00 horas e integra a actuación do grupo O Son Do Río, con máis dunha década de realización e promoción do folclore galego ás súas costas. As pandeiretas e gaitas non deixan de soar, xa que, logo desta, é aberto o “gran serán” para todo aquel veciño de Sabaxán, ou visitante, que se achegue ao “torreiro”.

 

Pode que che interese...