As romarías locais, celebracións relixiosas en perigo de extinción por despoboamento e perxuízos
Só durante o verán, en Galicia xa hai máis de 3.000 celebracións que xiran arredor dos santos. Sen embargo, ben é certo que cada ano que pasa algunhas se van perdendo, o que supón unha triste noticia para o noso patrimonio cultural inmaterial, pois non deixan de ser unha representación do saber tradicional do pobo galego. Os motivos? A falta de fe dos máis novos, pero, sobre todo, a perda de poboación no rural, onde únicamente os máis maiores sosteñen as tradicións que, coa súa morte, tamén morrerán.
O profesor de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xosé Ramón Mariño Ferro coñece e defende o peso da simboloxía relixiosa en Galicia. Ferro asegura que, por unha falta de herdanza xeracional e de facilitación de accesos, “foron desaparecendo as romarías pequenas, máis locais, esas ás que antigamente ían os crentes a pé” que se realizaban en prácticamente todas as parroquias para posibilitar aos crentes que non tiñan xeito de se desprazar. Para o antropólogo, outra dificultade social contra a que loita este tipo de celebración relixiosa son os perxuízos por parte doutros cohortes sociais non vinculados á Igrexa: “Hai xente que se cre culta e que vai por aí criticando as romarías porque as considera supersticións“. Toda a noticia en Galicia Confidencial.