fbpx
Escavacións no cemiterio do Val. Fonte: Histagra.

Catro enterramentos clandestinos e con “sinais de violencia” son descubertos no cemiterio do Val, en Narón

Tempo de lectura: < 1 min.

Case medio cento de mortos de forma violenta. Dende o 4 de novembro, a entidade Histagra (Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural), pertencente á Universidade de Santiago (USC), que a través do seu equipo do Plan de Memoria Democrática de Galicia, está a realizar os traballos de exhumación no cemiterio do Val, en Narón. No terreo, segundo un informe previo, terían sido enterradas un mínimo de 51 persoas vítimas da violencia da Guerra Civil e o Franquismo, dende finais de agosto do 1936 ata o 1938.

Ata o momento, as escavacións constatan a existencia de, canto menos, catro enterramentos clandestinos ―presentando, un destes, “a gran maioría dos sinais de violencia atopadas ata o momento”―. Ademais, foron localizados outros sete corpos que, pese a presentarse en posicións aparentemente funerarias, deberán de ser analizados para constatalo. Toda a información en Galicia Confidencial.