Catro proxectos de patrimonio histórico turístico en Galicia reciben preto de dez millóns do Estado
Este venres, o Ministerio de Industria y Turismo publicou a resolución definitiva de axudas no marco do “Programa de Mejora de la Competitividad y Dinamización del Patrimonio Histórico con uso turístico”, concedidas a trece autonomías entre as que figura Galicia, beneficiaria de preto de dez millóns de euros para catro proxectos repartidos nas provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra.
A Diputación de Pontevedra recibe, como concretan no documento emitido, 2,5 millóns de euros para a mellora e modernización do Castelo de Soutomaior. No espazo do Xardín Botánico e a Carballeira de Caldas de Reis, asemade na xestión deputacional pontevedresa, serán acometidos traballos de acondicionamento e desenvoltos proxectos que aumenten a súa relevancia como punto de interese turística.
O Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, no concello coruñés de Ares, é outro dos enclaves beneficiados pola bolsa estatal con case tres millóns de euros. Á renovación de accesos e espazo será, principalmente, dirixida a cantidade.
Os accesos ao conxunto histórico de Pazos de Arenteiro, en Boborás, serán igualmente renovados coa percepción de 2,6 millóns de euros. Coa axuda, búscase a perservación da paisaxe e patrimonio deste punto ourensán de orixe medieval.