CCG e CGM organiza unha xornada sobre o vínculo e relación entre museos e comunidades
Este luns, 25 de novembro, o Consello da Cultura Galega presentou a xornada “Museos en positivo. Creando comunidade”, que terá lugar este martes e foi organizada da man do Consello Galego de Museos. Abordando o papel dos museos e a súa influencia en contorna e comunidades, diferentes especialistas do Museo de León, o centro de documentación vasco Gordailua ou o Institut Valenci’a d’Art Modern, entre outros, realizarán achegas ao respecto, dende o marco urbano ao rural.
A cita pretende motivar a observación desta tipoloxía de institucións non dende unha orientación ao espectáculo ou á motivación turística, senón dende as posibilidades innovadoras que ofertan e facendo especial reflexión na situación dos museos de Galicia. O encontro, nas instalacións santiaguesas do Consello da Cultura Galega, pon inicio ás 9:30 horas e é de asistencia gratuita.
As persoas interesadas en asistir deben realizar a inscrición ao programa dende a súa páxina web. As plazas para o evento, ata 100, están limitadas.