CCG organiza unha ollada, dende Melide, ás infraestuturas de acubillo dos peregrinos a Santiago
Concello de Melide e Consello da Cultura Galega organizan, para o 2 de decembro, a xornada “Hospitais e albergarías. Fitos nos camiños históricos e de peregrinación”, coa que buscan ollar estes elementos patrimoniais que salvagardan “as pegadas da mobilidade de persoas, mercadorías ou ideas, así como das infraestruturas” os percorridos dende A Fonsagrada ata Santiago de Compostela, pasando polo concello mellidense.
Dende a Idade Media, hospitais e albergarías posibilitaban a asistencia a enfermos así como o aloxamento de camiñantes. As edificacións, localizadas habitualmente ás beiras dos percorridos, eran construidas por reis, bispos e nobres.
Todos os anos, o CCG e a institución de Melide realizan en conxunto eventos ao respecto do Camiño de Santiago. Para a escolla temática desta edición, as infraestuturas serán olladas a través de diferentes intervencións de profesorado universitario galego e portugués, así como de representantes de diferentes museos, sobre estudos das estruturas na comarca de Monterrei. Ás 19:45 horas, será aberto un debate.