fbpx
Paz e Ana, no descobremento da placa, con familiares, activistas e representantes do goberno municipal. Fonte: Comité de Memoria Histórica de Celanova.
Paz e Ana, no descobremento da placa, con familiares, activistas e representantes do goberno municipal. Fonte: Comité de Memoria Histórica de Celanova.

Celanova recorda ás “esquecidas que batallaron en prol da xustiza social” na antiga prisión de mulleres

Tempo de lectura: 3 min.

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova xa colocou, en colaboración co Concello, a placa conmemorativa ás mulleres encarceadas na antiga prisión da cidade, situada nun edificio da Praza das Pitas, actual Praza de Cervantes. A inscrición, que lembra as presas entre os anos 1936 e 1938, enfatiza a inivisibilidade sufrida por aquelas “que soñaron con acadar os dereitos do Pobo Galego“.

As familias manteñen, e inician, a súa lembranza

A placa foi descoberta polas familias de María Del Valle Lozano e Salud Torres Díaz, dúas das vítimas penadas anteriormente de ser asasinadas en Xinzo de Limia. O acto contou coa presencia dos colectivos de memoria da provincia, o alcalde de Celanova, Antonio Puga, e a concelleira de igualdade. Rochi Nóvoa deu lectura ao seu poema Lilas, do cal se extraeron os versos do texto.

A presidenta do Comité, Celia Inés Feijóo Soto, apuntou “a volta” de todas e todos os encarceados na construción no século pasado na presentación da inscrición: “O significado fondo e imperecedoiro é traer á luz neste espazo os nomes de 100 mulleres cuxo sufrimento foi tapado, agochado, e ignorado nun intento de somerxelas para sempre no esquecemento. Mais aquí están, de volta”.

O Comité, da man das familias e coa axuda do goberno local, da así o primeiro paso na recuperación da memoria da represión sobre as mulleres ourensás durante a guerra civil e a ditadura, sinalando o espazo onde se habilitou o primeiro centro de represión de mulleres tralo golpe de Estado de 1936. O edificio é ademais un novo Lugar de Memoria sinalado en Celanova.

Os nomes rexistrados

No rexistro de presas, confirmado polo Comité de Memoria Histórica, figuran os seguintes nomes:

1 Remedios Fidalgo Carnero
2 un fillo da anterior
3 Estrella Alberte González
4 María Rodríguez
5 Josefa Rodríguez Varela
6 Agustina López Otero
7 María Quintas López
8 Consuelo Rodríguez López
9 Mercedes López Santos
10 Elvira Fernández Méndez
11 María Dolores Vento López
12 Eduviges González Ferreras
13 Celsa Alonso Iglesias
14 Ernestina Grande Borrajo
15 Ramona Iglesias López
16 Celia Barreiros Cantero
17 Remedios Pereira Ferro
18 Aurora Iglesias Blanco
19 Herminia González González
20 Dorinda Novoa Fernández
21 Francisca Conde
22 Remedios González
23 Concepción López
24 Pilar Iglesias Rodríguez
25 Gloria Arias
26 Florinda Ortega Pérez
27 Julia Rubio González
28 Herminia Varela
29 Remedios Frías Carballo
30 Segunda Penín Cid
31 Adela Robledo Pérez
32 María Nieves Espinosa Pérez
33 Dolores Carballo Iglesias
34 Herminia Lorenzo Vázquez
35 Aurora Dávila Rodríguez
36 Concepción Alonso Salgado
37 Manuela Alonso Salgado
38 Dolores Alberte Ares
39 Joaquina González Pérez
40 Rosa Blanco Lamela
41 María de la Salud Torres Díaz
42 Carmen Mariño Rodríguez
43 Fillo da anterior
44 Manuela Pérez Álvarez
45 un fillo da anterior
46 Natalia Leboso Guntín
47 Amparo Pérez Rodríguez
48 Cristalina Pérez Rodríguez
49 Antonia Gulín Pérez
50 Digna Rodríguez Rodríguez
52 Carolina González García
52 Amalia González López
53 Miguelina González Touza
54 Obdulia Prol Vila
55 Gloria Pérez Varela
56 Argentina Estévez Martínez
57 Silvestra Pérez López
58 Alejandra Vázquez Rodríguez
59 Josefa Cid Rodríguez
60 Cándida Álavarez Pérez
61 Perfecta Novóa Rodríguez
62 Rosa Pérez Álvarez
63 Luisa González Fernández
64 Josefa Estévez Vázquez
65 Josefa Barreiros González
66 Unha filla da anterior
67 Carmen Fernández Pungín
68 Hildegart Stenberg
69 Julia Vello González
70 Benita González González
71 Rosa González González
72 Isabel Fernández Costa
73 Isolina Mo(…) López
74 Sara Diéguez Fernández
75 Purificación Rodríguez Gómez
76 Amelia Fariñas García
77 Delfina Alonso González
78 Consuelo Domínguez Pérez
79 Aurea Fernández Pérez
80 Estrella Francisco Pérez
81 Blandina Gómez Francisco
82 Ubaldina Meiriño Vázquez
83 Ermitas Quintas Pérez
84 Pilar López López
85 Josefa Iglesias
86 Concepción de Jesús Fernández
87 María R. Rodríguez Seijo
88 Consuelo De la Iglesia
89 Rosario Ventosela Cid
90 Blandina Pérez Martínez
91 Dolores Barreiros Gómez
92 Ramona Seijo Pérez
93 Florinda Conde Vietez
94 Gumersinda Marta Lorenzo
95 Unha nena da anterior
96 Ramona Pérez Sotelo
97 Purificación Quintas Pérez
98 Esperanza Cao Rodríguez
99 Julia Cao Rodríguez
100 Angelina Cao Rodríguez
101 Rosa Valladares Valente
102 Sara Gómez Rodríguez
103 Josefa Valle Vázquez
104 Rosa Franco Vázquez

A inscrición

En recoñecemento das mulleres que perderon a súa liberdades neste lugar, vítimas dun fascismo que se levantou militarmente en contra do goberno lexítimo da II República.

Polas esquecidas, que batallaron en prol da xustiza social, polas silenciadas que soñaron con acadar os dereitos do Pobo Galego.

Ás nenas e nenos que aquí sufriron prisión xunto a súas nais.

Ás que morreron e ás que lles roubaron o futuro.

Este lugar, invisíbel coma elas, foi prisión de mulleres entre xullo de 1936 e abril de 1938.

…Somos lilas, terra de chuvia marcadas en negro
xa choramos moito sangue polos poros, sobra
a media luz rematou o silencio… 

 

 

Pode que che interese...