fbpx
Antón Costa Rico.

Cincuenta voces conmemoran a Antón Costa nun libro sobre a educación en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

Os docentes José A. Caride e Jesús Rodríguez coordinaron a publicación de Biblioteca de Pedagoxía, un libro no que máis de cincuenta voces recordan á figura do magnus magister Antón Costa Rico. A través da figura do activista e investigador, ademais de pedagogo, os colaboradores destas páxinas afondan no presente e reflexionan sobre o futuro da educación en Galicia.

Na súa traxectoria dentro do entramado educativo, Costa desenvolveu, entre outros, os cargos de dirección do Instituto de Ciencias da Educación da USC, o de catedrático e decano na Facultade de Ciencias da Educación e o da presidencia da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Pode que che interese...