Confirman a pertenza ao IV milenio a.C. do xacemento de Ceada das Chás-Castelo de Lobarzán
O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT), da Universidade de Vigo, leva dende o ano 2019 a realizar o estudo do xacemento arqueolóxico de Ceada das Chás-Castelo de Lobarzán, situado entre os concellos de Oímbra e Monterrei, en Ourense. Na interveción deste ano foi achada unha estrutura, que polo momento identifican como cabana ou construción doméstica, que vincula a pertenza do espazo a mediados do IV milenio a.C.
O achado permite establecer conexións directas co xacemento de Vinha da Soutilha, en Chaves, destacando a unidade cultural existente no val do Támega durante a prehistoria. Máis información en Vilarmiñortv.com.