fbpx
Campo da Estrada-Maestranza. Fonte: Google Maps.

Alertan dun “atentado irreversible” contra as antigas murallas da Coruña

Tempo de lectura: < 1 min.

No mes de abril, os proxectos de construción de vivendas na parcela número 2 do Campo da Estrada-Maestranza, en A Coruña, foran paralizados logo de que o Tribunal Superior de Xustiza Galego admitise a trámite a denuncia de Defensa do Común. A entidade, hoxe, amplía a súa crítica ante a intención da construtora, Lipromo, de actuar na parcela 1, onde “consta acreditada e probada a existencia de restos do sistema defensivo da cidade vella”.

Nun comunicado, Defensa do Común “esixe” a denegación, por parte dos gobernos autonómico e local, “contra o Estudo de Detalle agora presentado, xa que suporía un atentado irreversible ao patrimonio cultural e unha violación clamorosa da súa Lei”. Dito documento contén a planificación de retirada e esnaquizamento dunha parte dos restos das murallas que se atopan soterrados.

A existencia de dito patrimonio está corroborada, asemade, por informes elaborados polo arqueólogo pertencente á institución do Concello de A Coruña. O feito era coñecido pola empresa compradora no momento da adquisición. Máis información en Xornal da Coruña.

Pode que che interese...