Emprendemento rural dende a ollada municipal, unha mesa aberta dende Manzaneda
O vindeiro xoves, 28 de novembro, a partir das 18:30 horas, ten lugar unha mesa redonda sobre o emprendemento nas zonas rurais de Galicia no Espazo Interxeracional do Concello de Manzaneda, en Ourense. A institución, contando coa colaboración da rede de POLOS de Emprendemento e Apoio de Emprego da Xunta de Galicia, programa a actividade para a cal está aberta a inscrición de calquera persoa empadroada en “comarcas da contorna”.
Na xuntanza será abordada a creación e consolidación de actividades económicas que promovan o funcionamento da economía social en contextos máis alá dos urbáns. O evento será retransmitido, ademais, en directo a través de videoconferencia, para aqueles interesados que non puidesen acudir presencialmente ás instalacións.