O patrimonio cultural do rural galego será divulgado entre Ramirás, Celanova e Ourense
Do 18 ao 22 de decembro, as localidades de Ramirás, Celanova e Ourense serán o marco do XIX Festival Internacional Rebulir 2024. O patrimonio cultural do rural é o eixo central da celebración, que oferta diferentes ponencias, exposicións a obradoiros ao redor da tradición galega. Do mesmo xeito, acolle a actuación de diferentes tecidos e agrupacións culturais de todo o territorio, así como a entrega do recoñecemento Premio Rebulir de Cultura Galega.
O cartaz congrega culturas, temporalidades e estilos de todas as nacionalidades. A música soará, nas diferentes instalacións nas que se realizará o programa, ao ritmo das ferreñas así coma ao da trompeta musicalizada no xénero mariachi. O mércores pon inicio ao chorro intercultural a apertura do panel “Muller, cultura e xestión do patrimonio no medio rural”, ponencia impartida pola xestora cultural Sara Fraga ás 12:00 horas.
A presentación oficial, o xoves ás 11:30 horas, ten lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, en Ourense. Seguidamente, a difusión da identidade espállase polas localidades ourensanas. A través da realización dunha foliada, programada para o venres ás 20:00 horas, realizarán unha homenaxe á figura das pandeireteiras galegas. As mañás do sábado e domingo, con actuacións itinerantes e obradoiros programados, dan paso á gala central e á clausura do evento, respectivamente.
Recoñecemento ás migracións galegas na Península
O Premio Rebulir de Cultura Galega recoñece figuras e formacións de todos os sectores culturais. O xurado estivo conformado por Sandra González, dirixente da Asociación Cultural Rebulir, e Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia. Desta volta, o recoñecemento será entregado ao grupo de música Treixadura, a actriz Isabel Risco, á Asociación de Gaiteirxs Galegx (AGG) e á emigración galega en Cataluña.