fbpx
Igrexa de San Martiño de Rodís, en Cerceda. Fonte: Xunta de Galicia.

O templo medieval de San Martiño de Rodís, en Cerceda, é restaurado 121 anos despois dende a primeira actuación integral

Tempo de lectura: < 1 min.

O Goberno autonómico, a través da Consellería de Cultura, dirixe un investimento de máis de 157.000 euros nun plan de rehabilitación e conservación do templo de San Martiño de Rodís, no concello coruñés de Cerceda. Así o anunciou, o 4 de novembro, a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, nunha visita á construción.

Os traballos consistirán, principalmente, na renovación do pavimento, no desmontaxe do falso teito de madeira para a execución dunha nova cuberta, na limpeza da vexetación dos muros e no encintado das xuntas entre as pedras de coroación. Están previstos, igualmente, a protección dunha das pinturas murais do retablo do presbiteiro, recentemente achado, e na construción dunha nova escaleira de acceso ao coro en estrutura metálica.

A igrexa de San Martiño de Rodís, de estilo románico e con orixes medievais, está incluida no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. Foi construida en canteiría de granito, con pedras rectangulares sobre as que se actuou no século XVIII, e conta cunha pranta de nave con presbiterio destacado. A construción supón o lugar de culto principal para a parroquia e a comunidade relixiosa da contorna, que recorda que a última acción de mellora integral do enclave data de 1903. Toda a información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...