fbpx
Abrigo de Pena Grande, en Santaballa. CRISTINA PÉREZ. Fonte: El Progreso.
Abrigo de Pena Grande, en Santaballa. CRISTINA PÉREZ. Fonte: El Progreso.

O xacemento vilalbés pendente pola continuación dos achazgos líticos dos anos 70

Tempo de lectura: < 1 min.

Eduardo Ramil, último director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, prega a “colaboración de las administraciones” para a continuación do estudo arqueolóxico no xacemento de Pena Grande, na parroquia de San Pedro de Santaballa. Os primeiros traballos remóntanse ao 1968, cando foron descubertas máis de 3.000 pezas líticas, seguidos por un “muestreo” nos 90.

O doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela subliña a relevancia do asentamento, que amosa probas da presenza humana no territorio galego durante o Paleolítico. Debido ao seu privilexiado asentamento e conformación rocosa, ás agrupacións humanas éralles posible se protexer das inclemencias así como controlar as manadas de animais para a caza. Máis información en ElProgreso.es.

Pode que che interese...