fbpx
Chegada de Castelao á Habana, novembro de 1938. Foto de arquivo.

Obra e vida de Castelao será exposta en Vigo ata o 75 aniversario do seu pasamento

Tempo de lectura: < 1 min.

Este venres, 15 de novembro, ten lugar a inauguración da exposición “Castelao. De Sempre en Galiza ao Consello de Galiza (1944-2024)” na Casa Galega da Cultura de Vigo. A mostra está composta por paneis informativos e material documental e bilbiográfico pertencente aos fondos da Fundación Fermín Penzol, que se corresponden aos momentos históricos correspondentes á publicación do libro e da constitución da institución política dende Buenos Aires, no exilio.

O evento pon comezo ás 12:30 horas da mañá. Neste estarán presentes, e intervirán, Henrique Monteagudo, director da Cátedra Castelao da Universidade de Santiago de Compostela; Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol, e Ana Laura Iglesias, concelleira de Igualdade e Comercio en Vigo.

Cartaz da exposición a Castelao na Casa Galega da Cultura de Vigo.

Segundo indica a organización, a mostra estará instalada ata finais do mes de marzo do 2025. Isto débese a que, neste próximo ano, será o 75 aniversario do pasamento de Castelao nas terras bonaerenses, o 7 de xaneiro de 1950.

Pode que che interese...