Orixinais de Castelao estarán no Museo do Pobo Estradense, reaberto tras quince anos
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, xunto co director do Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela, Juan Andrés Fernández Castro, confirmaron esta semana ante medios a reapertura do espazo cultural, logo do seu peche no 2009. Nun primeiro momento, a súa clausura debeuse á realización de traballos de reforma mais a posterior falta de persoal e recursos alongou este estado.
A data prevista de reapertura estará enmarcada no segundo semestre do 2025, xa que están en proxecto a realización de mínimas reformas e a musealización do fondo, composto por máis de 2.000 pezas. Os horarios están pendentes de ser concretados.
Pendiente a custodia e restauración de orixinais de Corredoyra e Castelao
Segundo indicou Louzao, alcalde da vila, está pendiente a cesión por parte da asociación Recreo Cultural da Estrada de dous cadros de Castelao, Cego na romería (1914) e Moza con cabuxa (1914), xunto cun de Corredoyra, Cega Palatina (1914). O outro posible receptor das pezas é o Museo provincial de Pontevedra, segundo o acordo co Recreo Cultural.
Ante os medios, Louzao concretou a transmisión ao Recreo Cultural da súa intención de restaurar e custodiar devanditas obras, ademais de ofertar a súa exposición ao pobo estradense.