fbpx
Plan de Xestión Penedos de Traba e Pasarela.

Penedos con historia e con paisaxe, e agora cun Plan de Xestión

Tempo de lectura: < 1 min.

Distribuida entre Laxe e Vimianzo, a formación de rocha dos Penedos de Pasarela e Traba supón a primeira paisaxe protexida en toda Galicia por un Plan de Xestión, publicado este mércores no Diario Oficial de Galicia. En vinte días, o documento entrará en vigor mais, este 13 de novembro, o documento foi presentado polo Goberno autonómico.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, realizou unha visita ao enclave acompañado da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez. Nesta, realizaron un percorrido xunto cos alcaldes de ambos concellos, Francisco Charlín e Mónica Rodríguez.

Tanto pola súa situación xeográfica como pola diversidade e singularidade biolóxica que agocha, o espazo natural supón unha entorna única. O documento que agora o protexe busca definir os seus principais valores e regular usos da súa extensión e as actividades que se podan realizar nesta.

Pode que che interese...