fbpx
Monte Castrove. Fonte: Galicia Máxica.

Petróglifos e Capela de Santa Mariña, en Monte Castrove, son escenario dunha “rave”

Tempo de lectura: < 1 min.

Esta fin de semana, foi celebrada unha festa por un grupo de persoas no terreo existente entre os petroglifos catalogados e a Capela de Santa Mariña, no Monte Castrove, situado entre os concellos pontevedreses de Barro, Meis, Pontevedra e Poio. A Garda Civil acudiu ao punto, logo de que Seprona recibise a denuncia dunha fonte que indicaba que a actividade anómala se estaba a realizar sen respectar os 200 metros de distancia de protección ao espazo protexido.

 

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de APATRIGAL (@apatrigal)

A Asociación para a defensa do Patrimonio Galego fixo público, vía a plataforma de redes sociais Instagram, un vídeo no que se observa a entorna. Titula “Rave entre petróglifos” e continúa a especificar diferentes actitudes que vulneran o especial enclave.

Pode que che interese...