Sabes cal foi o xantar de celebración do Día de Galicia de 1951 entre a “camaradería” dos emigrados a Bos Aires?
O Consello da Cultura Galega, no marco do proxecto Memoria Documental das Sociedades da Emigración Galega, vén de subir á súa plataforma os contidos materiais da Asociación Casa de Galicia de Bos Aires. O arquivo documental está composto por folletos, estatutos ou actas pertencentes á sociedade, que acadou a contar con máis de 5000 socios.
O conxunto remóntase ao 21 de setembro de 1933 ata a actualidade, acollendo eventos históricos como a “refundación” da Casa de Galicia no 1933 ou a compra no 1940 dun campo recreativo na zona boairense de Quimes, nomeado Airiños. Da revista co mesmo nome, o compendio arquivístico conta coas primeiras publicacións datadas de 1944.
Este é o menú co que celebraron en 1951 o día de Galicia. O xantar de “camaradería” forma parte das diversas actividades (concertos, elección da “Reina de la colectividad gallega”…) organizadas para ese día. Do proxecto #Memoriadocumental das sociedades da #emigracióngalega. pic.twitter.com/lTclufZTUy
— Consello da Cultura Galega (@consellocultura) November 28, 2024
De entre os papeis nacen curiosidades anecdóticas. É o caso da cena de “camaradería” organizada o 25 de xullo pola celebración do Día do Apóstolo de Santiago. Cun custe de quince dólares, os emigrados galegos puideron honrar á terra entre insignias gastronómicas como son caldo ou viño, así como finalizar o encontro ao estilo “americano”.