fbpx
A casa máis estreita de España é galega.

Sabes onde se atopa a “casa máis estreita” de Galicia? Entre as páxinas do Guiness nos 80!

Tempo de lectura: < 1 min.

A proposta de Verne de rodealo en oitenta días soa ben mais, cantos detalles se perden do mundo ao querer velo tan rápido? Case resulta difícil coñecer o que temos ao lado da casa e que conta con recoñecemento internacional. Este é o caso da “casa máis estreita” de toda España, recoñecida no Libro Guinness nos anos 80 e situada en Monforte de Lemos, en Lugo.

 

A construción é patrimonio municipal da cidade. Con máis de 200 anos de antigüidade, durante o século XX formou parte do coñecido como Hotel Europa. Hoxe, aínda en pé pero en condicións de mantemento e perservación cuestionables, forma parte do Museo Lodeiro, no que se albergan máis de 350 pezas de arte adquiridas e elaboradas pola familia Lodeiro.

Pode que che interese...