fbpx
Cartaz xornada. Fonte: CIM de Santiago de Compostela.

Santiago lembra ás mulleres vítimas da institución franquista do Padroado este venres

Tempo de lectura: < 1 min.

Desenvolta dende o Centro de Información ás Mulleres, este venres, 29 de novembro, o CSC Fontiñas, en Santiago de Compostela, acolle a xornada “O Padroado de protección á muller”, que analiza a situación de desamparo e violencia sufrida polas mulleres dende o 1941 ao 1985, impulsada pola actividade da institución franquista.

A xornada pon inicio coa explicación da actividade da ferramenta franquista no territorio galego a través da intervención da xornalista e especializada en memoria histórica con perspectiva de xénero, Montse Fajardo, e Belén López, traballadora social e investigadora do caso histórico. Seguidamente, será abordada a problemática atixente á sexualidade e expresión afectiva feminina entre diferentes ponentes, figurando entre elas mulleres internas do Padroado, Consuelo García e Mariaje López.

Antes de ser ollada, como peche ao evento, a impunidade sistémica nos diferentes eidos na actualidade, o historiador Lucio Martínez xunto coa presidenta da asociación Todos los niños robados son también niños, Soledad Luque, relatarán o papel eclesiástico no marco temporal e situacional en relación coa maternidade. Na intervención, está presente, de novo, a investigadora e escritora Consuelo García.

Pode que che interese...