Taboada implementa o roteiro sensorial “A Embelesadora”, con artesanía e natureza como eixos
A través dunha iniciativa cofinanciada polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, a Secretaría do Estado de Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Taboada estrea novo roteiro na súa oferta de sendeirismo. “A Embelesadora” é presentado como un itinerario que invita ao camiñante a activar os sentidos. Na páxina web, dende o Consorcio de Turismo concretan o carozo e maior atractivo desta nova posibilidade deportiva: “contemplar, oler, tocar, saborear y escuchar“.
O roteiro, seguindo un itinerario circular dende a capela da Igrexa de Vilela, desprégase en 10,5 quilómetros cuns desniveis de 284 metros de subida así como de baixada. O Consorcio cataloga este novo treito para descubrir a natureza e historia lucenses cunha dificultade media.