A historia galega é a nova, e vella, trama protagonizada por Os Bolechas
O Museo Pedagóxico de Galicia acolleu este xoves, 12 de decembro, o acto de presentación do novo proxecto da familia animada histórica do territorio: ‘Os Bolechas. Historia de Galicia‘. Formada por 24 tomos e en formato audiovisual, a serie conta a ideosincrasia e cultura galegas dende un ton creativo, dinámico e pedagóxico.
Esta última obra súmase á colección ‘Historia de Galicia’, que naceu hai un cuarto de século co propósito de lles ofrecer ás crianzas galegas de Infantil e Primaria lecturas tematizadas na cultura e identidade galegas. Logo de ‘As miñas primeiras Letras Galegas’, súmase ao compendio bibliográfico esta entrega de Os Bolechas, aumentando o abano de opcións que fomentan a interese polo coñecemento do legado galego por parte das nenas e nenos do territorio.