fbpx
Fonte: Cidade da Cultura vía 'X'.

A “vida viquinga” do Gaiás: máis de 50.000 visitas e a un mes de pechar

Tempo de lectura: < 1 min.

Dende a súa apertura en xullo, a exposición “Unha vida viquinga” na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, supera as 50.000 visitas e convértese nunha das mostras do Museo Centro Gaiás con máis público acumulado. A mostra, que cada día acolle preto de 400 persoas, é comisariada pola doutora en Estudos Escandinavos Irene García e desenvolta, en colaboración para a escolla de obras, cos Museos Nacionais de Historia e Arqueoloxía de Suecia, Francia.

A mostra está artellada seguindo os periodos vitais dunha persoa durante a Idade Viquinga. Entre outras cuestións, o relato amosa as campañas de exploración, incursións ou relacións comerciais establecidas en diferentes puntos de Europa, entre os que Galicia ten un protagonismo especial. O abano de visitas oferta un plan familiar no que están incluidas dende sensións de contacontos a talleres creativos de xoiaría ou tatuaxes temporais típicos da cultura.

Pode que che interese...