Achan en Lugo un foso romano e un arco moderno nun solar da Ronda da Muralla
Nas últimas actuacións arqueolóxicas realizadas no solar da esquina da Ronda da Muralla e a Rúa da Xesta, na cidade de Lugo foron descubertos novos restos patrimoniais. Trátanse dun arco e unha parte do foso romano que arrodeaba a construción amurallada.
Pola súa parte, o arco trátase dunha peza de factura contemporánea, que se atopaba incrustado na cimentación da casa aldeaña e que debía ser empregado, segundo explicou un dos técnicos, para “salvar un pequeno regato” próximo.
A descuberta do foso romano era un achazgo máis previsible por parte do equipo de traballo de técnicos arqueólogos, logo de descubrir construcións similares noutras zonas da mesma tipoloxía asemade situadas na contorna da Ronda da Murall.